séguenos en     Concello de Oza dos Ríos - A Coruña.

Cultura
Turismo

Sede electrónica

Perfil do contratante Info. Actualizada
Medio Ambiente

DEPARTAMENTO DE CULTURA

AVISO ÁS ASOCIACIÓNS CULTURAIS - SUBVENCIÓN ACTIVIDADES CULTURAIS:

No DOG nº 199 do 18 de outubro de 2011 publícase a ORDE do 5 de outubro de 2011 pola que se deixa sen efecto a Orde do 11 de maio de 2011 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a fundacións, asociacións e institucións culturais que desenvolven as súas actividades en Galicia, para o seu funcionamento e para a realización de programas e actividades culturais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 e parte do 2012.

Para máis información, consulte a seguinte ligazón:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20111018/AnuncioCA03-061011-7256_gl.html

 

NOVAS DA OMIX

- V ENCONTRO MOSTRA ASOCIATIVA XUVENIL - I FORO EMPRENDE

                     (Vilagarcía de Arousa - 29-30 de outubro de 2011)

O obxectivo desta iniciativa, é crear un espazo aberto ao asociacionismo e á reflexión sobre a importancia de que os mozos e mozas participen del para o desenvolvemento dunha sociedade máis xusta. Tamén se pretende abrir un foro no que se expresen os grupos integrados por este colectivo.

No encontro trataranse temas de interese común, especialmente aqueles relacionados coas oportunidades que se derivan da cooperación transfronteiriza. A parte, porase en común o traballo e as experiencias das asociacións e agrupacións en distintas áreas, como a do cinema, teatro, artes, deporte, animación, prensa e formación, entre outras.

A novidade da presente edición será a celebración do I Foro Emprende, na que se contará coa participación de empresarios novos de Galicia e Portugal para fomentar unha mentalidade emprendedora entre a xuventude, e facilitar o acceso ao mercado laboral da mocidade; mais aínda nestes anos de crise na que son os principais perxudicados.

Máis información  en www.xuventude.net - Xa está aberto o prazo de inscrición)

 

CURSO GRATUÍTO ON LINE DE PORTUGUÉS

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ofrece a posibilidade de realizar o curso "Portugués para nós", en liña e de balde, a todas aquelas persoas interesadas en obter o diploma acreditativo de coñecemento da lingua portuguesa no nivel de iniciación . Para inscricións e obter toda a información do curso segue a seguinte ligazón:   http://www.portuguesparanos.org/

   CARNÉ XOVE EURO £ 30:

Se tes entre 12 e 30 anos xa podes obte-lo teu carné xove na Oficina Municipal de Información Xuvenil. Este carné, que ten unha validez de 2 anos e un prezo de 6 €, ofréceche numerosas vantaxes e descontos en gran cantidade de servizos e establecementos (tendas, transportes, cine, etc...), así que non o dubides e consegue o teu! Se queres máis información, podes consulta-la páxina www.xuventude.net ou vir directamente á OMIX do teu Concello.

   Oficina Municipal de Información Xuvenil

(Para calquera dúbida ou información, podes poñerte en contacto coa OMIX no enderezo electrónico omixconcelloozadosrios@yahoo.es , ou no  981 79 20 00  - Responsable: Susana Castro)

---------------------------------------------------------------------

Bases reguladoras da convocatoria para a concesión de axudas ao estudo para o curso escolar 2011-2012

O prazo de presentación de solicitudes é do 19 ao 30 de setembro. Para máis información chamar o teléfono 981.79.20.00 Ext. 3 ou no Departamento de Servizos Sociais do Concello en horario de atención ao público de 9 a 14 horas. 

---------------------------------------------------------------------

SERVIZO DE ATENCIÓN A INFANCIA PARA A CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL, FAMILIAR E PERSOAL

 

OZA-LUDI: centro complementario á escola e á familia no que poden participar nenos e nenas de 3 a 6 anos, sempre que as obrigas laborais e profesionais dos/as pais/nais lles impidan atender ós/ás fillos/as no horario extraescolar.

 

HORARIO: de luns a venres de 15:30 a 18:30 horas.

 

PREZO: Atención de 1 hora diaria: 15,00 €/mes.

              Atención de 2 horas diarias: 30,00 €/mes.

              Atención de 3 horas diarias: 45,00 €/mes.

              Atención de cada hora ocasional ou extraordinaria: 3,00 €/hora. 

 

INSCRICIÓNS:  Terán preferencia as unidades familiares nas que o/a/os/as responsable/s do menor sexa empregado/a público, traballador/a por conta propia ou allea, nun centro de traballo domiciliado no municipio de Oza dos Ríos ou próximo, e as familias monoparentais. Para inscribirse poden chamar ó teléfono 981.79.20.00 Ext. 3 en horario de mañá, ou acudir persoalmente ó Concello.

--------------------------------------------------------------------------------------------

 
ACTIVIDADES PARA ADULTOS 2011- 2012 
 
- OBRADOIRO DE MEMORIA: 5 €/mes (prazas esgotadas)
- INFORMÁTICA: 12 €/mes
- RISOTERAPIA: 15 €/mes (anulado porque non se cubriu a cota mínima de prazas)
- RESTAURACIÓN DE MOBLES, TAPICERÍA, PINTURA Ó ÓLEO E MANUALIDADES: 18 €/mes
- OZARTE: OBRADOIRO DE ARTES MANUAIS: 18 €/mes (anulado porque non se cubriu a cota mínima de prazas).
-AEROBIC: 15 €/mes. Luns e mércores, no Polideportivo Municipal, de 21:30 a 22:30 horas.
 
Prazas limitadas.
O Concello resérvase o dereito de anular algunha das actividades se non se cubre o número mínimo de prazas.
Máis información e inscricións no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981.79.20.00 Ext. 3
 

 

"Os Revirados" - Escola municipal de Gaitas do Concello de Oza dos Ríos:

www.osrevirados.blogspot.com 

 PROXECTO MANDEO  www.riomandeo.com
 

Información actualizada da comarca en:

www.pregonmunicipal.com

Información actualizada no teu correo electrónico? pincha aquí

 

 
 

NOVEDADES

TERMALISMO IMSERSO

CONVOCATORIA INSCRIPCIÓNS FEIRA DE SEGUNDA MAN, TROCO E ARTESANÍA DE OZA

XUNTOS POLO NADAL

ACTIVIDADES DEPORTIVAS 2011-2012

LIGA FUTBOL SALA CALENDARIO

CALENDARIO EMPRESAS 2012

LIGA DE FUTBOL SALA 2011-2012

CURSO DE BENESTAR ANIMAL 2011

José Luis Cuerda presentou no pazo de Santa Cruz de Mondoi a rodaxe da súa nova película "Todo es silencio".

Excursión a San Andrés. Domingo 13 Novembro



Gestor de contenidos desarrollado por AracnoSoft