O teu concello

Publicado el 22/8/2008

Concello de Oza dos Rios
O Concello de Oza dos Ríos é un municipio en continuo crecemento. Nel podemos atopar unha valiosa riqueza medioambiental, paisaxística e monumental; goza de paisaxes de incomparable beleza, que non sempre son coñecidas polas persoas que nos visitan.
 
O Concello de Oza dos Ríos ocupa unha estreita franxa de terreo de 71.9 km2, ao sur de Betanzos, entre os ríos Mendo e Mero. Limita ao norte con Betanzos e Coirós, ao leste faino con Aranga; ao sur, con Curtis e Cesuras; e, ao oeste con Abegondo. Divídese en 12 parroquias: Bandoxa, Cines, Cuíña, Mondoi, Oza, Parada, Porzomillos, Reboredo, Regueira, Rodeiro, Salto e Vivente, e estas, á súa vez, divídense nun total de ata 103 lugares diferentes.
 
Segundo datos do último Padrón Municipal realizado en 2002, a poboación do Concello é de 3160 habitantes, repartidos nos 71.9 km2 de superficie, o que resulta nunha densidade media relativamente baixa se a comparamos coa provincial e incluso coa autonómica.
volver


Gestor de contenidos desarrollado por AracnoSoft