Contorno

Publicado el 23/8/2008

No termo de Oza dos Ríos distínguense claramente dúas zonas. A máis septentrional, que pode ser encadrada na comarca de As Mariñas, é surcada polos ríos Mero e Mandeo nos seus cursos altos, sendo as súas unhas terras de ribeira e bocarribeira. Cara ao sur, diminúe a poboación e cambia a paisaxe, con terras de montaña que superan os 500 m de altitude en varios puntos (Pena Moura: 554m, Curce da Queimada: 526m e Brueir 527m).

O relevo é moi accidentado pois os dous ríos citados surcan profundos vales. O do Mendo é despoboado e de frondosa vexetación, mentras que o do Mero é máis acolledor.

Dende o punto de vista hidrolóxico pódense recoñecer, aínda que non completas, tres cuncas hidrográficas principais: a dos ríos Mero, Mendo e Teo.

A forte presenza de cauces e ríos da nome a este concello. Na información urbanística coméntase a importancia que teñen as comunidades de vexetación de ribeira, con especies autóctonas de vital importancia para o mantemento e consolidación dos cauces.

A presenza de muíños de auga e rotas de sendeirismo converten a moitos lugares en puntos de referencia de especial valor.

Relacionado co río Miñatos, afluente do Mendo, atopamos o Monte do Gato, que arranca da súa beira e acada a cota máxima deste concello, de máis de 500m de altitude.
Dende un punto de vista xeográfico pódense distinguir tres áreas distintas:

  1.- Zona alta cha, ao sur e sudeste de Rodeiro, dende
       A Ventosa cara A Queimada – O Brueiro á Corte do
       Mato.

  2.- Zonas altas con vales profundos e encaixados,
       principalmente coas faldas oeste do Monte do Gato,
       por onde se encaixan o río Miñatos e o río Mendo.

  3.- Zonas onduladas de pendentes suaves, a meirande
       parte no centro e leste do concello. As dúas zonas
       están separadas por unha discreta elevación que
       forma o pequeño Porto de Patarelo .
 
A altura media é de 200 m, oscilando dende os 40 m de Roibeira ata os 554 m de Pena Moura.

O clima é de tipo atlántico húmido, sendo a temperatura media anual de 12º C e a precipitación de 850 a 1750 mm/ ano.

 

volver


Gestor de contenidos desarrollado por AracnoSoft