
proxecto mandeo é un ambicioso programa, que se materializará en distintas anualidades e, que supoñerá a transformación de, a actual e infravalorada, cuenca do río mandeo nunha contorna con gran valor ecolóxico, cultural e turístico.
o plan, cun investimento de 12,4 millóns de euros cofinanciados pola diputación da coruña e o fondo europeo de desenvolvemento rexional (feder), conta coa colaboración dos municipios coruñeses de Aranga, Betanzos, Bergondo, Cesuras, Coiros, Curtis, Irixoa, Oza dos Ríos, Paderne e Sobrado, nos que, está previsto realizar importantes actuacións.
Máis información na páxina: www.riomandeo.com
Creación da Marca "Refuxos do Mandeo" |
|
Dentro do Proxecto Mandeo inclúese a creación da marca " Refuxos do Río Mandeo " para que se poidan adherir a ela tódolos establecementos de restauración e aloxamento dos dez municipios incluidos neste proxecto, coa finalidade de atraer visitantes e potenciar o desenvolvemento socioeconómico da zona.
A Diputación aprobará convocatorias de axudas dirixidas ós establecementos que teñan concedido o uso da Marca, destinadas á súa modernización e mellora, mediante a realización de obras ou actuacións para mellora-la calidade das súas instalacións e sevizos.
Ademáis, a Diputación aprobará plans de promoción e difusión da Marca Refuxios do Ríos Mandeo, como son:
- Unha central de reservas
- Presentación en feiras de turismo e páxinas web especializadas
- Dotación de material e sinalización común,
- ...
CÓMO ADHERIRSE
Se tes un establecemento de restauración ou aloxamento podeste adherir a esta marca presentando a súa solicitude no Rexistro Xeral da Diputación de A Coruña segundo o modelo que poden descargar AQUÍ . Para realiza-las consultas que consideren pertinentes, teñen á súa disposición o correo electrónico proyecto.mandeo@dicoruna.es ou poden contactar directamente con Julia Saavedra, Técnica de Turismo do Concello de Oza dos Ríos no teléfono 981 79 20 00 ou no correo eléctrónico: ozaturismo(arroba)yahoo.es
| |