ÓNDE ESTAMOS - CONTACTO
Ver mapa más grande
5 RAZÓNS PARA VISITARNOS:
1. Localización estratéxica. Bos accesos e comunicacións vía terrestre e aérea.
2. A menos de:
- media hora: Betanzos e A Coruña. Aeroporto A Coruña.
- unha hora: Santiago e Lugo. Aeroporto Santiago.
- dúas horas: Pontevedra e Vigo. Aeroporto Vigo.
- tres horas: Portugal, Asturias e Castilla León. Aeroporto Porto.
3. Importante patrimonio histórico- artístico. Elementos histórico-culturais de interese e calidade artística: dende a prehistoria a través do románico, barroco, neoclásico e a arquitectura tradicional galega.
4. A calidade do medio natural invita a realizar actividades na contorna, rodeado sempre de paisaxes marabillosas e ambientes purificados polos seus ríos e a súa rica e variada fauna. Estas calidades aprovéitanse para a realización de rutas de senderismo guiadas e actividades deportivas variadas coma, por exemplo, ciclismo.
5. A gastronomía da zona, elaborada aínda con métodos tradicionais, conserva a calidade e calidez de outrora.
IMAXES DO CONCELLO DE OZA DOS RÍOS
Nos desplegables do mnenú principal, apartado "Turismo", atoparás máis información sobre o noso Concello: cómo chegar, qué ver, qué facer: rutas,festas, onde comer, onde aloxarse, guía turística, proxecto Mandeo, cómo conseguir que a información actualizada do Concello chegue ao teu correo, enlaces de interese...
