A artesana Carolina Cabrero, dende o seu Taller Viola en Oza dos Ríos, elabora todo tipo de lámparas e pantallas (sobremesa, teito, apliques de parede, ...) decoradas con flores naturais, cosidas a man con fíos de cores.
Se queredes coñecer algo máis da súa arte, consultade a súa páxina web
www.tallerviola.com, onde poderedes apreciar os fermosos traballos desta artista artesana do noso municipio.