I CURSO DE PRODUCIÓN AUDIOVISUAL DO CONCELLO DE OZA DOS RÍOS

Publicado el 26/5/2009

Dendo o mes de  xaneiro , as empresas Mandeo Records e Aira Dixital están a impartir o I Curso de Produción Audiovisual do Concello de Oza dos Ríos.

Neste curso, que é principalmente práctico , os alumn@s conformaron un equipo de rodaxe (produción, dirección de fotografía, sonidistas, script, montadores, etc..) para poder levar a cabo os seus propios proxectos (curtametraxe, longametraxe, documental...)

No enlace http://mandeorecords.blogspot.com , poderedes ver as prácticas realizadas ata o de agora, que son:

- GANDEIROS : con don Luis de Recarey coma protagonista, e onde contamos coa inestimable colaboración de José Luis Caamaño Castro , sen dúbida un dos mellores cámaras e directores de fotografía do audiovisual galego.

- Dobraxe de KILL BILL : cos alumn@s do curso coma locutores.

O próximo proxecto, que é ademais o máis ambicioso e pedra angular do curso, é a rodaxe dunha curtametraxe de ficción titulada " FOUCELLAS, UN CAFÉ DE POTA?" , baseada nalgúns aspectos da historia do famoso fuxitivo cando andivo por estas terras de Oza.

A rodaxe comezou a fin de semana do 17 de abril no bar "Sixto ", en Aranga, a cuxos donos agradecemos dende aquí a súa inestimable colaboración.

ULTIMAS NOVAS

II CICLO DE JAZZ DE OZA DOS RÍOS - 21 DE AGOSTO DE 2010
PROGRAMA DE FORMACIÓN AUDIOVISUAL 2010
REDE CULTURAL 2010 - DEPUTACIÓN - SORTEO DE ACTUACIÓN
FOLIADA "OS REVIRADOS"
VII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA - 2010
VI CONCURSO DE NARRACIÓN EN GALEGO
OBRADOIRO MUSICAL - CURSO 2009-2010
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2009-2010
I CURSO DE PRODUCIÓN AUDIOVISUAL DO CONCELLO DE OZA DOS RÍOS
ARTESANÍA EN OZA DOS RÍOS: LÁMPARAS DO TALLER VIOLA