OBRADOIRO MUSICAL - CURSO 2009-2010

Publicado el 28/9/2009

Para o curso 2009-2010 temos algúns cambios:
- Xoán Curiel abandónanos por non poder compaxinar a actividade con outros compromisos profesionais e artísticos e o mestre será este curso Pepe Piña . Despedímonos con profundo pesar de Xoán , a quen desexamos a mellor das sortes e a quen sempre recordaremos por teres iniciado tan extraordinaria actividade , da que incluso xurdiu un grupo musical (36 cordas) e unha cantautora (Alicia Pérez), e dámoslle a máis calurosa benvida a Pepe Piña , quen de seguro saberá gañar, igual que fixo Xoán, o cariño, admiración e respeto dos alumn@s do próximo curso.
- Horarios e grupos : haberá 4 grupos, distribuidos da seguinte maneira:
           1) xoves de 15:30 a 16:30, nen@s de 8 e 9 anos .
         2) xoves de 16:30 a 17:30 , nen@s de 10 a 12 anos .
         3) xoves de 17:45 a 19:15 , moz@s de 13 a 16 anos .
         NOVIDADE:
          4) VENRES de 20:30 a 22:00h, grupo de adultos (a partir de 17 anos). Para este grupo o prazo de preinscrición remata o 25 de agosto.
    - Programa do curso
    - Introdución á historia da música.
     - Nocións básicas de armonía musical.
     - Guitarra (acordes, interpretación  e composición)
     - Canto (nocións básicas de técnica vocal).
     - Composición (letra e música).
     - Interpretación.
 Para máis información ou inscricións chamen ó Concello (981 79 20 00) e pregunten por Julia ou Susana.

ULTIMAS NOVAS

II CICLO DE JAZZ DE OZA DOS RÍOS - 21 DE AGOSTO DE 2010
PROGRAMA DE FORMACIÓN AUDIOVISUAL 2010
REDE CULTURAL 2010 - DEPUTACIÓN - SORTEO DE ACTUACIÓN
FOLIADA "OS REVIRADOS"
VII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA - 2010
VI CONCURSO DE NARRACIÓN EN GALEGO
OBRADOIRO MUSICAL - CURSO 2009-2010
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2009-2010
I CURSO DE PRODUCIÓN AUDIOVISUAL DO CONCELLO DE OZA DOS RÍOS
ARTESANÍA EN OZA DOS RÍOS: LÁMPARAS DO TALLER VIOLA