VI CONCURSO DE NARRACIÓN EN GALEGO

Publicado el 21/4/2010

BASES DO VI CONCURSO DE NARRACIÓN EN GALEGO (2010):

1) CategorÍas:

- INFANTIL: (ata 6 anos) só teñen que facer un debuxo e, en función da súa idade, poden poñe-lo nome da/s personaxe/s, un título ó debuxo ou algunha frase.

- DE 7 A 9 ANOS: teñen que facer unha narración con estrutura organizada, que siga unha liña clara que permita entendela, cunha presentación e desenvolvemento da historia e un final, cun desenlace que a remate.

- DE 10 A 13 ANOS: ademais de facer unha narración con estrutura organizada, nesta categoría existe a posibilidade de que se introduzan diálogos. Como isto supón xa certa dificultade, valorarase positivamente.

2) Tema: pódese escoller un tema de entre os seguintes: aventuras, fantasía ou terror. Valoraranse as historias que conten algo que teña acontecido en Oza.

3) Extensión e presentación: a extensión será de entre 1 e 5 caras, en tamaño folio ou A4. A presentación é moi importante (ten que ser clara e lexible). Valorarase a ortografía e a puntuación. Poden presentarse tanto a man como a ordenador ou máquina de escribir. Iso si, os que veñan escritos a man teñen que coidar moito a presentación, e teñen que poder lerse sen dificultade.

4) Outros critErios que valorará o xurado: Tal e como di o encabezamento, este é un "Concurso de narración EN GALEGO". As obras escritas en calquera outro idioma non entrarán a concurso. É moi importante a orixinalidade dos traballos e a creatividade dos seus autores.

5) Prazo de presentación das obras: ata o mércores 5 de maio de 2010 ás 13:30h.

6) Lugar de presentación das obras: poden enviar os traballos por correo á Biblioteca Municipal (Rúa Lois, nº 33 – Oza – 15.388 – Oza dos Ríos) poñendo no sobre "VI Concurso de Narración en Galego" ou vir entregalas persoalmente ó Concello. IMPORTANTE: os datos do participante non poden vir escritos no sobre nin na propia redacción, senón que os tedes que poñer nun papel á parte (e os datos que precisamos son: nome, data de nacemento e teléfono)

7) XURADO: O xurado estará composto por persoal técnico do Concello e persoal docente do CEIP "Oza dos Ríos".

8) PREMIOS: Os premios, que consistirán en material de lectura, entregaranse no Concello durante os actos de conmemoración das Letras Galegas 2010.

ULTIMAS NOVAS

II CICLO DE JAZZ DE OZA DOS RÍOS - 21 DE AGOSTO DE 2010
PROGRAMA DE FORMACIÓN AUDIOVISUAL 2010
REDE CULTURAL 2010 - DEPUTACIÓN - SORTEO DE ACTUACIÓN
FOLIADA "OS REVIRADOS"
VII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA - 2010
VI CONCURSO DE NARRACIÓN EN GALEGO
OBRADOIRO MUSICAL - CURSO 2009-2010
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2009-2010
I CURSO DE PRODUCIÓN AUDIOVISUAL DO CONCELLO DE OZA DOS RÍOS
ARTESANÍA EN OZA DOS RÍOS: LÁMPARAS DO TALLER VIOLA