VII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA - 2010

Publicado el 21/4/2010
BASES DO VII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA (2010):

 

  1. Poderán participar todos os interesados/as, sen límite de idade, e independentemente da súa nacionalidade e lugar de residencia.
  2. O tamaño e o formato das fotografías serán libres; o tema tamén é libre, sendo condición única (e indispensable) que retraten elementos, paisaxes, construcións, etc., do noso municipio.
  3. Ningunha fotografía traerá nada escrito que poida servir para identificar ó autor ou autora.
  4. As fotografías realizadas con técnica dixital presentaranse impresas en papel e virán acompañadas dunha copia en CD.
  5. Prazo de presentación dos traballos: ata o venres día 6 de agosto de 2010 ás 13:30h.
  6. Os traballos serán remitidos á Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello (OMIX do Concello de Oza dos Ríos, Rúa Lois nº 33, 15388, Oza dos Ríos, A Coruña) ou ben entregados en man no propio Concello. (Para máis información: Teléfono- 981 79 20 00 e Fax: 981 79 20 25).
  7. Premios e contía dos mesmos: establécense tres únicos premios, podendo estes ser declarados desertos se o xurado o estima oportuno (1º: 150 €, 2º: 120 € e 3º: 90 €).
  8. O xurado estará formado polo Alcalde-Presidente do Concello de Oza, xunto cos demais membros da corporación que el designe.
  9. Os gañadores daranse a coñecer na entrega de premios que se celebrará na Biblioteca Municipal en agosto (data por determinar, publicitarase na web do Concello).
  10. As fotografías recibidas pasarán a ser propiedade do Concello e serán utilizadas por este e incluídas na súa páxina web.
volver


Gestor de contenidos desarrollado por AracnoSoft