PROGRAMA DE FORMACIÓN AUDIOVISUAL 2010

Publicado el 21/7/2010

FORMACIÓN AUDIOVISUAL PARA A INFANCIA E A MOCIDADE - PROGRAMACIÓN 2010:
 
O Departamento de Cultura, en colaboración coa OMIX, presenta o programa de formación audiovisual non regrada para o 2010:
 

Dado o enorme éxito que tivo a primeira edición do "Curso de Produción Audiovisual – Rodaxe de curtametraxes" e a posterior demanda de máis accións formativas deste tipo por parte da poboación (especialmente a xuvenil), decidiuse seguir fomentando dende o Concello a creación audiovisual e as novas formas de expresión, para o que programamos a oferta formativa do 2010 en base a dous cursos, que serán impartidos por Dani López (Mandeo Records) e Érica Esmorís (guionista):

  1. Curso de "Stop Motion" para nen@s a partir de 4 anos (15 prazas). Actividade programada para que xa dende pequenos se familiaricen coa creación nestes formatos e poidan desenvolver habilidades e destrezas que lles poidan servir nun futuro, ademais de, por suposto, disfrutar do compoñente lúdico da actividade.
  2. Obradoiro práctico de Documentais para maiores de 14 anos (20 prazas). Esta actividade está pensada para que @s alumn@s do curso de 2009 que estean interesados poidan seguir formándose neste eido, ó mesmo tempo que nov@s alumn@s descubran as posibilidades da linguaxe cinematográfica, neste caso a través dos documentais.

ULTIMAS NOVAS

II CICLO DE JAZZ DE OZA DOS RÍOS - 21 DE AGOSTO DE 2010
PROGRAMA DE FORMACIÓN AUDIOVISUAL 2010
REDE CULTURAL 2010 - DEPUTACIÓN - SORTEO DE ACTUACIÓN
FOLIADA "OS REVIRADOS"
VII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA - 2010
VI CONCURSO DE NARRACIÓN EN GALEGO
OBRADOIRO MUSICAL - CURSO 2009-2010
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2009-2010
I CURSO DE PRODUCIÓN AUDIOVISUAL DO CONCELLO DE OZA DOS RÍOS
ARTESANÍA EN OZA DOS RÍOS: LÁMPARAS DO TALLER VIOLA