| O xoves 26 de marzo en horario de 10:30 a 13 horas e o martes 31 en horario de 16 a 18:30 horas, as nais e os pais participantes no Programa Preescolar na Casa-Educar en Familia intervendrán nun obradoiro de Primeiros Auxilios en Bebés e Nenos/as, impartido por unha Diplomada en Enfermería e coa colaboración da Asamblea da Cruz Vermella de Betanzos. Algúns dos contidos que se abordarán no obradoiro son: as caraterísticas especiais de atención ós/ás nenos/as, pautas de actuación ante unha emerxencia, primeiros auxilios ante feridas, queimaduras e traumatismos e as patoloxías pediátricas máis frecuentes, entre outros temas. |