PRESTACIÓN ECONÓMICA POR FILLO/A MENOR DE 3 ANOS AO CARGO

Publicado el 11/5/2010
 

Orde do 3 de maio de 2010 (D.O.G. nº 87 do 10 de maio de 2010), pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2010.        

            Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillas e fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2010, (nados entre o 2 de xaneiro de 2007 e o 1 de xaneiro do 2010, incluidos) e que por razón de ingresos obtidos durante o ano 2008, nin elas nin ninguén dos membros da unidade familiar estivesen obrigadas a presenta-la declaración do IRPF.

            O prazo de presentación remata o día 19 de xuño de 2010.

            Para facer dita solicitude ou para obter máis información, pode acudir ó Departamento de Servizos Sociais do Concello, Programa de Educación Familiar. Teléfono 981.79.20.00.

volver


Gestor de contenidos desarrollado por AracnoSoft